El capitán

Hoxe 17 de maio é o día das Letras Galegas, polo que vou facer unha entradiña pequena, pero sentida, de homenaxe a tantos galegos, que andan polo mundo lembrando a súa terra, con moita morriña, esperando voltar a ela.

Levaba unha maletiña chea de roupa e de cousas persoais que lle podían facer compaña na súa nova vida. Ia a traballar a unha academia de nova creación na vila de Muros.

Muros daquela, era un pobo mariñeiro, cos seus edificios bóos de pedra, soportais para non se mollar nos días de choiva, que eran moitos, e aberta ao mar en forma de cuncha. A auga lambía moitas casas pola parte de atrás, de forma, que podías lavar os pés solo con abrir de porta; eso non ocorría no centro da vila, alí tiña un bonito malecón e un gran porto pesqueiro de moito tráfego, que cando voltaban os barcos, pola tardiña, enchían a lonxa de marisco e pescado de tódalas clases. Era moi interesante asistir á subasta dos lotes, cós que se dedicaban á exportación, e cós placeiros que o levaban fresquiño para a súa venda. Algún peixe ou marisco, xa se podía mercar alí mesmo, e levalo a casa aínda vivo. Nalgunha ocasión na pensión onde eu paraba, ténse guindado pola fiestra, xa que tiña o fregadoiro preto dela.

Cheguei a academia e asignáronme moitos cativos. Muros é unha zona de moitos nenos. Éramos catro profesores e entre todos, levantamos aquelo ben. A xente tíñanos en moita consideración e acolléronnos con moito cariño e simpatía.

Pasei alí dous maravillosos anos, tanto cós compañeiros, como na casa ónde alugaba, pero o que me deixou mellor lembranza foron as clases cos meus nenos. Xogábamos nos recreos, acompañábanme ata a casa o ían a buscarme ás mañas, para que non fora ata o traballo soa, e como xa tiñan a idade da pubertade  e eu era noviña, pode que ata algún chegara a se namorar un pouquiño da mestra.Eran pequenos homiños, pero moi ben feitos.

 Marchei chorando. Dín alí os vellos do lugar, que a Muros éntrase chorando e se chora ao saír. Conmigo foi así de certo. Pasaron os anos e aínda hai alguén, que se lembra de mín coma eu deles.

Un día, xa na miña cidade e acompañada do meu home, saludoume un rapaz duns vintecatro anos ou así. Ao primeiro non me dín conta, pero ao falar dixenlle:

-Tí és Xosé Ramón, ¿non sí?

– Són, eu a vostede non a esquencín.

-Home, xa pasaron unha pila de anos e tí cambiaches moito. ¿Qué fas agora?

– Fíxenme mariño mercante, e hoxe estou aquí, moi ledo, porque é o primeiro embarque que fago como capitán, levo unha carga para Marrocos.

– É unha bonita carreira, sempre fuches ti moi mariñeiro… ten coidado coas mozas de cada porto, dixenlle con certa leria.

Tomamos os tres un cafetiño, lembrando aqueles derradeiros anos e separámonos desexándolle una boa viaxe cun bico.

Ao día seguinte leín no xornal, cunha fatídica tormenta levou ao barco a piques, preto das costas portuguesas. Sentín o xeo no meu corazón

Pereceron todolos tripulantes do mercante. Botaron bengalas, foguetes, chamaron polo aparato de radio. Non os escoitaron. Nunca diron con eles.

Levei moita pena. Botei algunha mágua. Dende aquela, lémbrome. moitas veces de aquel home-rapaz e se teño unha flor deposítoa nas augas mariñas, para que lle chegue dende lonxe o meu sixelo agarimo.

Amaba a súa profesión. Levaba moita ilusión..pero seica tiña o destino marcado e foise co mar… foise co vento…

No día de hoxe vai dedicado a tí  Xosé Ramón.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

5 respuestas a El capitán

  1. alpuymuz dijo:

    Una cancioncilla popular gallega deja en la indecisión algo tal vez por sí no fácilmente resoluble: aquello de “si me deran a escoller eu non sei que escollería, si entrar na Coruña de noite o entrar no ceo de día”. Así, más o menos.
    Pues yo igual: no sé qué me gusta más, si tus dictados en gallego o tus escritos en español. De momento los acaricio todos.
    Este ambiente gallego, no deja de ter xeito. Y me ha gustado, naturalmente.
    Todo un abrazo.

  2. brujjilla dijo:

    Que historia tan emotiva e tan triste e tan galega…
    Os seus mariños… cantas historias como esta sufristes, cantas bágoas derramadas…..
    Apertas

    • junupros dijo:

      Quísenche por unhas letriñas en galego no teu blog, porque sei que podería facerte ilusión, pero non tiven tempo. Perdoa. Poñochas hoxe, xa verás.
      Quedo moi satisfeita do teu comentario, é certo, que a vida dos mariñeiros é moi dura, alonxados da súa terra, fillos, muller…pero é así. Moitas grazas e un bico.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s